Morre o pintor pontevedrés Manuel Moldes

 

era un dos pintores máis importantes da súa xeración. Participou na renovación da arte galega levada a cabo nos anos 70 e foi un dos autores máis relevantes de Atlántica

 

El pintor Manuel Moldes. DP
photo_camera El pintor Manuel Moldes. DP

O creador Manuel Moldes, un nome fundamental da arte contemporánea galega, faleceu este domingo en Pontevedra. O artista levaba semanas ingresado no hospital de Montecelo aqueixado de problemas graves de saúde, segundo confirmaron fontes familiares.

A súa obra, en permanente renovación, seguía considerándose profundamente vangardista


Nacido en Pontevedra en 1949, Moldes era un dos pintores máis importantes da súa xeración. Participou na renovación da arte galega levada ao cabo nos anos 70 e foi un dos autores máis relevantes de Atlántica. A súa obra, en permanente renovación, seguía considerándose profundamente vangardista. 

O Museo de Pontevedra adicoulle unha gran retrospectiva o pasado verán



Home enormemente xeneroso e comprometido coa realidade social, en Pontevedra tivo un referente tanto persoal (nunca abandonou a cidade) como profesional (foi a súa principal fonte de inspiración). Como mestre na facultade de Belas Artes formou a varias xeracións de novos creadores galegos. O Museo de Pontevedra adicoulle unha gran retrospectiva o pasado verán.

Comentarios