Paul & Cía, no suplemento Táboa Redonda desta fin de semana

Camilo Franco apoiáse nunha biografía de Paul McCartney para resaltar o papel crucial do segundo beatle como músico curioso e vangardista. Lois Pérez relaciona a literatura de Shwob e o churrasco nun artigo que ten o recendo perplexo do escritor polaco. Antonio Costa fala de Emily Dickinson, a escritora que non tiña que contar os adxectivos. Javier Nogueira refrenda as opinións do pallaso Heinrich Böll co gallo do centenario do escritor. Portorosa fala da súa decepción con Paul Auster. Manuel Gago escribe sobre Occidente como concepto, dende o castelo neomedieval de Olite ata Donald Trump. Jaureguizar pide máis empresas e menos homenaxes na cultura galega.