Pilar Cernuda presenta en Vilagarcía a súa primeira novela, 'Volveré a buscarte'

A autora estará arroupada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e asinará exemplares da obra

cernuda
photo_camera Pilar Cernuda ©J. M. C

LibroA xornalista Pilar Cernuda presentará este xoves a súa primeira novela, Volveré a buscarte, nun acto no Porto de Vilagarcía de Arousa no que estará arroupada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. A autora, que narra no libro a historia dunha saga galega que cruzou o Atlántico para atrapar un soño, asinará previamente exemplares na librería Espacio Lector Nobel, de seis a sete da tarde.

Volveré a buscarte é unha historia de amor e esquecemento, de mulleres fortes que saben que a súa familia depende delas, de sentimentos e esperanza. "Os personaxes non existen e as súas vivencias non sucederon. Pero case todo o que ocorre a uns e a outros son historias que escoitei ao longo da miña nenez e mocidade á infinidade de emigrantes do meu val que regresaron a casa, así como ás familias que esperaron durante anos o seu regreso, que en moitos casos nunca se produciu", explica a colaboradora de El Progreso.

Orgullosa das súas orixes, Cernuda síntese galega de Santiago, de Vigo e, sobre todo, do val do Salnés, de onde é oriúnda a súa familia materna. Tras escribir máis de vinte libros de actualidade política, debuta na novela con esta ficción que transcorre na aldea de Ventós.

Comentarios