Unha publicación recolle o congreso 'Repensar Galicia. As Irmandades da Fala'

Trátase da recompilación dos contidos que se trataron no simposio do mesmo nome

 

Presentación do libro de Irmandades da Fala. EP
photo_camera Presentación do libro de Irmandades da Fala. EP

O Museo do Pobo Galego presentou este martes a publicación que recolle as actas do congreso Repensar Galicia. As Irmandades da Fala.

Trátase da recompilación dos contidos que se trataron no simposio do mesmo nome co que se pechou a programación dedicada á conmemoración do centenario do nacemento das Irmandades da Fala, en 2016.

O documento recolle todos os temas que se abordaron no citado foro: ideoloxías e programas, organización e acción política, lingua, literatura e medios de comunicación, economía e sociedade, a cuestión de xéneros, as ciencias, as artes plásticas e a música, ou as relacións exteriores no campo das Irmandades da Fala.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que participou na rolda de prensa, dixo que a obra presentada este martes pon a disposición do público un documento de gran valor histórico e divulgativo, xa que "queda como testemuño da renovación cultural propiciada polas Irmandades da Fala en todos os campos: plástica, música, artes e cuestións socioeconómicas".

Comentarios