Lunes. 22.01.2018 |
El tiempo
Lunes. 22.01.2018
El tiempo

A RAG oficializa a proposta para que Ana Romaní ocupe a vacante de Xohana Torres

Ana Romaní. EP
Ana Romaní. EP

A Real Academia Galega someteraa a votación no vindeiro pleno ordinario

A Real Academia Galega (RAG) someterá a votación no vindeiro pleno ordinario a candidatura de Ana Romaní para cubrir a cadeira que, debido ao seu pasamento, deixou vacante o pasado 12 de setembro a académica de número Xohana Torres.

A proposta, a única presentada, informa esta entidade nun comunicado, foi oficializada na sesión celebrada esta tarde pola institución, na coruñesa rúa Tabernas, toda vez que a vacante quedara proclamada o 6 de outubro último, no primeiro debate ordinario celebrado tras a mencionada desaparición da la autora.

Ana Romaní (Noia, 1962), comunicadora e escritora, dirixe desde 1990 o programa decano de información cultural diaria da radiodifusión galega, 'Diario Cultural' da Radio Galega. Foi merecedora de distintos premios periodísticos, aos que se suman os galardóns outorgados ao propio espazo.

No pleno desta tarde tamén se oficializou a candidatura de Carme Pazos Balado para o seu nomeamento como académica correspondente. A profesora foi durante moito tiempo peza fundamental do Seminario de Lexicografía da Academia, á que estivo vinculada durante case 25 anos.

A RAG oficializa a proposta para que Ana Romaní ocupe a vacante de...