O arzuán Insua debuta na Bundesliga tras superar un calvario

O ex do Deportivo debutou co Schalke 300 días despois tras superar unha pericarditis

Pablo Insua debutó con el Schalke. TWITTER
photo_camera Pablo Insua debutó con el Schalke. TWITTER

Pablo Insua puxo fin a un calvario que duraba xa 299 días. O central de Arzúa, que destacou co Deportivo en Segunda e despois co Leganés, fichou polo Schalke 04 no verán pero non puidera debutar en partido oficial ata este sábado ao serlle diagnosticada unha pericarditis.

"Logo de moitos meses de traballo e moito sufrimento, conseguino", explicaba o galego a través da súa conta de Twitter tras xogar a última media hora na vitoria do seu equipo ante o Wolfsburgo. Suplente ao principio, ocupou o posto de Benjamin Stambouli. O Schalke pagara por el 3,5 millóns no verán. 

Comentarios