Miércoles. 21.02.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.02.2018
El tiempo

A Xunta "vai recorrer, sen ningunha dúbida", a suba da luz polo canon eólico

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. BRAIS LORENZO (EFE)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. BRAIS LORENZO (EFE)

O BOE publicou este martes unha orde que obriga á comunidade a repercutir este e outros impostos na factura dos consumidores

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou este mércores que a Xunta "vai recorrer, sen ningunha dúbida", a decisión do Ministerio de Enerxía de repercutir na factura da luz dos consumidores galegos o canon eólico que no ano 2013 cobrouse ás empresas do sector. Estas declaracións prodúcense por mor da publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE), este martes, dunha orde do ministerio que advirte da subida da factura da luz nas comunidades nas que en 2013 gravouse a actividade eléctrica. En Galicia ese ano cobrouse o canon eólico ás empresas do sector polo impacto visual e ambiental dos aeroxeradores. 

Antes de participar na apertura da 19 edición da Feira Internacional de Turismo Gastronómico 'Xantar', que se celebra entre o 31 de xaneiro e o 4 de febreiro en Ourense, Rueda afirmou que o canon eólico "non é un tributo por consumo eléctrico", polo que "non hai razón para que se decida que hai que repercutilo na factura eléctrica". Rueda lembrou que este imposto "permitiu que concellos galegos se beneficiasen de millóns de euros para facer obras relacionadas co medio ambiente" e insistiu en que se finalmente aplícase na factura eléctrica da galegos a Xunta "vaino a recorrer". "Non estamos de acordo e non é unha decisión adecuada", resolveu.

A ORDE. A orde publicada no BOE non só recolle o canon eólico para o caso de Galicia, senón tamén o de saneamento e o imposto sobre contaminación atmosférica e sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga embalsada. 

Como mecanismo de fixación dos suplementos territoriais establece que se fixarán os concretos valores destes para cada unha das comunidades autónomas.

A CIG. Pola súa banda, a CIG, a través dun comunicado tamén remitido este martes, censurou que os galegos teñan que "pagar máis impostos" na tarifa eléctrica, e volveu esixir unha propia para Galicia. Segundo o exdeputado do BNG Fernando Blanco, responsable do sector de enerxía do ámbito de industria da central nacionalista, a orixe de todo isto é "unha norma aprobada polo PP en 2012, cando tiña maioría absoluta, pola que se di que o que pagaron as empresas eléctricas téñeno que recuperar e que, para iso, gravarase cun suplemento aos galegos por valor desa cantidade". 
 

A Xunta "vai recorrer, sen ningunha dúbida", a suba da luz polo...