O Seprona da Garda Civl arrestou a un home por manter presuntamente relacións sexuais cunha egua e unha poldra en Alcúdia, Mallorca, así o recolle o Diario de Mallorca.
Os propietarios dos animais detectáranlles varias lesións e, ante a sospeita de que alguén os estaba maltratando, decidiron colocar varias cámaras de seguridade. Estas gravaron como o home accedía á leira de noite para levar a cabo prácticas de zoofilia.
Os feitos foron postos en coñecemento do Seprona que identificou o home e procedeu á súa detención. Posteriormente deixárono en liberdade e será citado a declarar no xulgado de instrución número 2 de Inca.