Escaso seguimento entre as autónomas da folga feminista

Ata espera que estas traballadoras se somen en masa as manifestacións da tarde

A folga feminista de 24 horas ou paros parciais de dúas horas convocada este 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, tivo polo momento escaso seguimento por parte das autónomas, segundo informa nun comunicado a asociación de autónomos Ata.

A asociación apunta que a xornada se esta desenvolvendo con normalidade tanto polo que respecta a aperturas de comercios, actividades e servizos profesionais.

O seguimento foi especialmente nulo nos sectores do comercio e hostalería, onde traballan a maior parte das autónomas, así como na agricultura e o transporte.

Si se aprecia un pouco máis de seguimento dos paros parciais ou totais en sectores como a educación, comunicación, sanidade e servizos profesionais, aínda que en todos estes o 80 % das autónomas están a desenvolver a súa actividade", asegurou Soraya Mayo, secretaria xeral de Ata.

Esta asociación prevé que na manifestación desta tarde si haberá unha presenza masiva de mulleres autónomas.

Comentarios