Podemos, IU, PSOE e Cs piden explicacións a Cifuentes pola suposta falsificación das súas notas

A presidenta da Comunidad de Madrid solicita toda a información sobre o seu expediente académico á URJC para aclarar que conta con dous máster

Cristina Cifuentes. FERNANDO ALVARADO
photo_camera Cristina Cifuentes. FERNANDO ALVARADO

Responsables de Izquierda Unida, Podemos, PSOE e Ciudadanos pediron este mércores "explicacións urxentes" á presidenta da Comunidad de Madrid, Cristina Cifuentes, pola suposta falsificación de notas dun máster. Os dous primeiros pediron ademáis a súa dimisión ao entender que supón "un abuso clarísimo de poder".

Ante o balbordo xerado, Cifuentes solicitou toda a información sobre o seu expediente académico á Universidade Rey Juan Carlos (URJC) de Madrid para poder constatar que conta cos máster que se recollen no seu currículo, segundo informaron fontes próximas á dirixente. 

Segundo publicou este mércores eldiario.es, a presidenta madrileña cursou o máster en Dereito autonómico desta universidade e, segundo documentación á que tivo acceso este medio, unha funcionaria cambiou a nota de non "presentado" en dúas materias a notable dous anos logo de matricularse e sen mediar nova matrícula. 

Desde o equipo da dirixente autonómica aseguran que os pagos se realizaron conforme aos trámites establecidos e que se solicitou tanto o expediente académico como toda a información relativa. Así mesmo, pediron que se fale co persoal e profesores relacionados para aclarar canto antes a información. 

Non se prevé que a presidenta rexional ofreza este mesmo mércores explicacións, senón que esperará ao momento no que dispoña de toda a documentación para facelo.

Comentarios