Rescatan en Barcelona a unha adolescente que se empolicou a unha cornixa para facerse unha foto

A moza, de 14 anos, sufriu un ataque de nervios ao intentar regresar á azotea

La adolescente colgada de una viga. MOSSOS
photo_camera La adolescente colgada de una viga. MOSSOS

Os Mossos d'Esquadra rescataron sa e salva da cornixa dun oitavo piso de Barcelona a unha adolescente de 14 anos que quería colgarse dunha viga da fachada do edificio para que un amigo a fotografase.

Segundo informou a policía catalá, o suceso ocorreu hai unha semana, cando a menor se subiu á varanda dunha azotea situada nun oitavo piso dun edificio do Eixample de Barcelona co fin de colgarse dunha viga que sobresaía da fachada mentres un amigo lle facía fotos.

Cando quixo regresar á azotea, á menor falláronlle as forzas para empolicarse, polo que decidiu deslizarse ata a cornixa da fachada do edifico, onde sufriu un ataque de nervios ao decatarse da situación de extremo perigo en que se atopaba.

Axentes do Grupo de Delincuencia Urbana recibiron un aviso do suceso e acudiron ao rescate da menor, á que agarraron das mans e lograron levantar a pulso ata o interior da azotea.

Un equipo do Sistema de Urxencias Médicas (SEM) trasladouse tamén ao lugar dos feitos e atendeu á adolescente das feridas leves que presentaba nos brazos.

Nuns instantes, os familiares da menor acudiron ao lugar dos feitos, avisados pola policía catalá, e leváronlla a casa. 

Comentarios