Jueves. 22.02.2018 |
El tiempo
Jueves. 22.02.2018
El tiempo

Antón Sánchez: "O ministro volveu faltarlle ao respecto aos galegos"

Antón Sánchez. AEP
Antón Sánchez. AEP

O viceportavoz de En Marea afea a Íñigo de la Serna o veto do traspaso da AP-9

O viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, cargou este mércores contra a xustificación do ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, sobre o veto da transferencia da AP-9 coa que considera que "volveu faltarlle ao respecto a todos os galegos".

O titular de Fomento, en resposta a unha pregunta da deputada de En Marea Alexandra Fernández na sesión de control ao Goberno no Congreso, asegurou este mércores que o Goberno aplicou con "absoluto rigor" e "sen ningún tipo de discriminación a Galicia" a capacidade de veto, lembrando que o traspaso da AP-9 levaba un incremento orzamentario de máis de 4.000 millóns de euros.

"Estamos gobernados por trileiros"

Fronte a estas explicacións, Sánchez insistiu en que "estamos gobernados por trileiros, mentireiros que non teñen escrúpulos" xa que, ao seu xuízo, os seus argumentos son falsos.

O viceportavoz de En Marea lembrou que a proposición de lei aprobada por unanimidade na Cámara galega "non falaba de rescate" polo que o argumento do custo é falso, en tanto que a proposta galega "foi elaborada prol os letrados do Parlamento" precisamente para evitar esa escusa.

Por iso entende que "o ministro volveu faltarlle ao respecto a todos os galegos", evidenciando que no Partido Popular en lugar de traballar en beneficio dos cidadáns, "traballan para a empresa" concesionaria, "que ten un negocio incomparable".

"Feijóo debería exercer como presidente do país e non como un mandado de Rajoy"

Para paliar esta situación, o deputado autonómico sostivo que o PPdeG "podería facer moito máis, empezando porque Feijóo exercese como presidente do país e non como un mandado de Rajoy".

Censurou deste xeito que o presidente galego opte por ser "sumiso e dócil co poderoso" e non poña o "clame o ceo" cando se ataca deste xeito ao pobo galego.

Antón Sánchez: "O ministro volveu faltarlle ao respecto aos galegos"