Así transcorre a folga feminista en Galicia

Os sindicatos falan dunha xornada "histórica" ► Houbo piquetes informativos aínda que non se rexistran incidencias destacadas

Día Internacional de la Mujer, en Ourense. BRAIS LORENZO
photo_camera Día Internacional de la Mujer, en Ourense. BRAIS LORENZO

As rúas das principais cidades galegas quedaron abarrotadas desde o mediodía deste xoves polas concentracións e marchas polo Día da Muller, nunha xornada que os sindicatos cualifican de "histórica" e na que no se produciron incidencias destacadas.

Tamén as administracións celebraron actos. A Xunta e o Parlamento de Galicia pararon a sú actividade para reivindicar o seu "compromiso coa igualdade".

Ás 12,00 horas da mañá, a totalidade do Goberno galego, encabezado polo presidente galego, Alberto Núñez Feijóo; participou xunto a traballadores da Administración autonómica nun acto en San Caetano onde a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, leu un manifesto no que instou a avanzar cara a un modelo de sociedade "corresponsable". 

636561104718905217wÁ mesma hora, ás portas do Pazo do Hórreo, o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, deu comezo a cinco minutos de concentración para conmemorar o Día da Muller e mostrar o "compromiso coa igualdade" da Cámara galega.  Este acto non contou coa participación de representantes de En Marea e Bloque Nacionalista Galego. Tampouco acudiron deputadas do PSdeG-PSOE, grupo que estivo representado polo seu portavoz, Xoaquín Fernández Leiceaga, e outros parlamentarios socialistas. 


Nas concentracións de Lugo participou o portavoz de En Marea, Luís Villares, mentres que na de Vigo fíxoo Gonzalo Caballero (PSdeG) e en Santiago participou Ana Pontón (BNG)

"XORNADA HISTÓRICA". Os sindicatos falan dunha "xornada histórica" nas primeiras horas da folga de mulleres en Galicia, convocada para este xoves, 8 de marzo, día internacional da muller.

As mulleres están chamadas a parar Galicia nunha folga laboral, de coidados, consumo e estudantil. No tocante ao paro nos centros de traballo, as máis de 400.000 mulleres asalariadas galegas terán a posibilidade de realizalo ou por horas ou 24 horas, con cobertura legal para ambos os casos. 

Por unha banda, a CUT –con Sindicato Labrego, Sindicato Ferrovial Intersindical e o Sindicato de Elevación de Galicia– convocou a folga de 24 horas. Ademais, a CNT e a CXT tamén chaman en toda España á xornada completa.

Mentres, os sindicatos maioritarios na comunidade –UXT, CC.OO. e CIG– convocan paros por horas –de 00,00 a 2,00, da 12,00 a 14,00 e de 19,30 a 21,30 horas–.

SEN INCIDENCIAS. Polo momento, a xornada transcorre sen incidencias de magnitude, máis aló dos piquetes informativos despregados por varias localidades. 

Así, por exemplo, no centro de Santiago, representantes da CIG animaron ás mulleres do comercio e a hostalaría local a sumarse aos paros e ás mobilizacións desta xornada reivindicativa.

QUENDA DE NOITE. No caso da central nacionalista, apunta datos da quenda de noite, cun seguimento "condicionado", segundo advirte, posto que a actividade desenvólvese en sectores "moi masculinizados" e nos que boa parte da quenda realízano os homes. 

Aínda así, sinala que nos hospitais da rede do Sergas "só estanse cubrindo os servizos mínimos, tanto no que ten que ver co persoal sanitario como nos servizos de limpeza hospitalaria". 

Na zona de Vigo, nesta quenda están a parar, segundo a CIG, o 95% dos traballadores de Alonarti e Denso, o 90% en Domiberia, o 50% en Prosegur BPO e máis do 40% en Asentos de Galicia, TRW-Dalphi e Plastic Omnium. 

Na planta de Einsa As Pontes, segundo engade, máis do 50% das mulleres desta quenda secundaron o paro laboral de 00,00 a 2,00 horas. 

Tamén destaca esta organización que en Ingapan, en Lugo, un grupo de mulleres secundou o paro, "nunha empresa na que non é habitual que o persoal responda as convocatorias de folga, o que dá boa conta do alcance desta folga". 

Pola súa banda, a CIG espera un seguimento "amplo" no paro de 12,00 a 14,00 horas e tamén nas numerosas mobilizacións convocadas para este xoves.