Evoluciona favorablemente o bebé de 4 meses ingresado con Covid-19 en Vigo

A pequena, que foi contaxiada pola súa nai, permanece hospitalizada 'en planta' para un mellor control do seu estado
photo_camera Imaxe de arquivo dun bebé.

Unha nena de 4 meses de idade está ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras dar positivo en Coivid-19, e evoluciona favorablemente, segundo confirmaron a Europa Press fontes sanitarias. 

A pequena, que foi contaxiada pola súa nai, permanece hospitalizada 'en planta' para un mellor control do seu estado de saúde, pero a súa situación non reviste gravidade. 

Na área sanitaria de Vigo, segundo a última actualización de datos facilitada polo Sergas, hai 144 casos activos de Covid-19, dos que 3 son persoas hospitalizadas (dúas no Álvaro Cunqueiro e unha en Povisa), aínda que ningunha na UCI. Así mesmo, 141 afectados recupéranse nos seus domicilios e déronse, ata o momento, 2.275 altas epidemiolóxicas. 

Comentarios