Un ferido nunha colisión entre dous vehículos en Caldas

Un dos condutores necesitou axuda para saír do coche

Unha persoa resultou ferida na tarde deste domingo tras sufrir un accidente de tráfico en Caldas de Reis.

Segundo informou o 112, dous turismos chocaron no lugar de Saiar e un dos condutores necesitou axuda para saír do vehículo.

Igualmente, precisou asistencia médica xa que, a consecuencia do impacto, recibiu un forte golpe na cabeza. 

Desde a central de urxencias mobilizaron aos bombeiros de Vilagarcía, a Protección Civil da localidade e aos efectivos sanitarios.