A familia Franco pon á venda unha leira en Asturias por 5 millóns de euros

A propiedade está situada no municipio de Llanera e ten 50 hectáreas de bosque, horta e monte

Unha das estancias da Piniella. MIKELI
photo_camera Unha das estancias da Piniella. MIKELI

Tras a polémica pola saída ao mercado do pazo de Meirás por 8 millóns de euros, os herdeiros de Francisco Franco tamén puxeron á venda unha leira en Asturias, A Piniella, a 5 millóns de euros "negociables".

A propiedade está situada no municipio de Llanera e ten 50 hectáreas de bosque, horta e monte. Nela atópase unha casa solariega duns 300 metros cadrados, dous pisos, unha decena de habitacións e varios salóns e cuartos de baño.

Comentarios