Un home matou ao seu irmán ao golpealo cunha aixada en Salceda de Caselas, segundo informaron fontes próximas á investigación a axénciaa Europa Press.
Os feitos ocorreron sobre as 20.30 horas do venres nunha leira da familia. O agresor, de 49 anos, chamou á Garda Civil para informar os feitos ocorridos tras unha discusión. á chegada dos axentes, a vítima, de 51 anos, aínda estaba con vida.
Aínda que foi trasladado en ambulancia faleceu no hospital debido á gravidade das feridas. O agresor atópase detido á espera de pasar a disposición xudicial.