Miércoles. 21.02.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.02.2018
El tiempo

Manzaneda rexistra a temperatura mínima de Galicia

Nieve en Manzaneda. TWITTER
Nieve en Manzaneda. TWITTER

Os termómetros acadan os -10,4º, segundo os datos de Meteogalicia

A localidade ourensá de Manzaneda rexistrou este martes a temperatura mínima de Galicia, con 10,4 graos centígrados baixo cero. Ademais, en numerosos municipios da mesma provincia os termómetros situáronse por baixo dos -4ºC.

Así, en concellos ourensáns con altitude maior de 900 metros alcanzáronse, ademais dos -10,4ºC de Manzaneda; os -10,1 na Veiga; -9,7º en Carballeda de Valdeorras; e -8,3 na Veiga.

No caso da provincia de Lugo os termómetros caeron ata os -7,5º en Pedrafita do Cebreiro, segundo os rexistros de Meteogalicia, recollidos por Europa Press.

Mentres, en localidades con altitude menor de 900 metros as temperaturas máis baixas corresponderon a municipios ourensáns con Verín á cabeza, con -6,2º; Calvos de Randín, con -5,3; Baltar, -5; Rubiá, -4,9; e Vilamartín de Valdeorras, con -4,8.

Este martes continúa a presenza de aire frío pero escasa precipitación en Galicia, coa cota de neve por baixo dos 500 metros. A montaña de Lugo ten aviso amarelo ata as 15,00 horas por acumulacións de neve superiores ao cinco centímetros.

Manzaneda rexistra a temperatura mínima de Galicia