Recoñece que mentía a peregrina que denunciou unha violación no Val do Dubra

Inventou que a secuestraran e abusaran dela porque sufriu un brote psicótico

Un tramo do Camiño de Santiago. AEP
photo_camera A muller dixera que sufriu a agresión cando facía o Camiño.

A peregrina que denunciara un secuestro e unha agresión sexual no Val do Dubra recoñeceu que inventara a historia, segundo informa a TVG. Aclarou que tivo un brote psicótico, froito dos problemas mentais que padece, e que foi nese estado no que relatou que dous homes a subiran nun coche, abusaran sexualmente dela e que, despois, a deixaran abandonada espida.

A Garda Civil constatou que esta persoa protagonizou un incidente similar en Fátima, Portugal.