O mozo ourensán que desapareceu durante catro días non recorda "nada"

Os seus amigos botárono en falta nunha discoteca. Regresou este luns polo seu propio pé

El joven de 22 años desaparecido. TWITTER
photo_camera El joven de 22 años desaparecido. TWITTER

O mozo de 22 anos cuxa pista se perdeu na madrugada do venres nunha céntrica discoteca de Ourense, apareceu este luns san e salvo, segundo informaron fontes da Comisaría Provincial de Policía. Foi trasladado á Unidade de Psiquiatría do Hospital da cidade porque non lembra "nada" do ocorrido e o seu relato está cheo de "incoherencias".

O mozo regresou polo seu propio pié e sen danos físicos, aínda que un pouco "aparvado", e polo momento ignóranse as causas da súa desaparición. Os amigos perdéranlle a pista o venres pasado, ás tres e media da madrugada, cando foi visto por última vez na céntrica rúa de Valle-Inclán, de Ourense.

Por mor da desaparición, os investigadores activaron un operativo de procura e mantiveron todas as liñas de investigación abertas, analizaron o móbil do mozo e tomaron declaración a testemuñas para dar co seu paradoiro.

Comentarios