Violan a unha peregrina en Val do Dubra e despois abandónana espida

Os agresores metérona a golpes no asento de atrás dun vehículo ►Santiago Villanueva sostén que a investigación debe tomarse "con toda a cautela do mundo"

Un tramo do Camiño de Santiago. AEP
photo_camera A vítima atopábase cubrindo unha ruta do Camiño de Santiago

A Garda Civil investiga unha posible violación en Val do Dubra (A Coruña) a unha peregrina de orixe venezolana que cubría o tramo entre Fisterra e Santiago de Compostela, onde tiña previsto reunirse coa súa familia. Os feitos sobre os que se indaga tiveron lugar na madrugada do pasado sábado.

Como informa a TVG entre o quilómetro 15 e 20 a vítima foi abordada por dous homes que viaxaban nun coche e que a golpearon e ameazaron para metela no asento de atrás do vehículo. Os dous agresores levaron á muller a un escampado en Portomouro, onde a espiron e violárona, para despois abandonala sen roupa ?a pesar do frío?.

A vítima desprazouse ata unha casa próxima, onde unha muller a axudou. Tras avisar á Garda Civil a muller necesitou tranquilizantes debido á tensión postraumática que lle provocou a brutal agresión.

INVESTIGACIÓN. O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, confirmou este domingo aos medios de comunicación que a muller supostamente agredida "está en tratamento psiquiátrico".

Santiago Villanueva: "Independentemente deste feito, quero lembrar a seguridade do Camiño de Santiago"

 

Villanueva fixo estas declaracións aos medios na Pobra do Caramiñal (A Coruña), onde asistiu a unha homenaxe á moza madrileña Diana Quer, cuxo cadáver foi atopado o pasado 31 de decembro no interior dun pozo dunha nave abandonada de Rianxo, tras a confesión do seu presunto asasino.

O delegado do Goberno informou de que o caso da peregrina venezolana "está en investigación" e que debe tomarse "con toda a cautela do mundo".

Indicou que os investigadores da Garda Civil traballan na análise de declaracións e nos datos proporcionados polo informe forense, así como en tratar de localizar o coche no que foi trasladada a vítima.

Santiago Villanueva dixo que "independentemente deste feito, quero lembrar a seguridade do Camiño de Santiago".

Afirmou que todos os Camiños "son súper seguros" e que presentan unha taxa de criminalidade "practicamente insignificante".