Lunes. 11.12.2017 |
El tiempo
Lunes. 11.12.2017
El tiempo

SEGUNDO MERCADO INTERNACIONAL DE GALICIA

O turismo galego promociónase na feira ITB de Berlín

Trátase dun dos certames turísticos con máis repercusión do mundo. Alemaña é o segundo mercado internacional máis importante para Galicia

Entre os próximos días 4 e 8 de marzo Turismo de Galicia estará presente na feira ITB de Berlín, un dos certames turísticos máis importantes do mundo xunto ao World Travel Market (WTM) de Londres e a Feira Internacional do Turismo de Madrid (Fitur).

Turismo de Galicia aproveitará esta ocasión para presentar a oferta turística da comunidade ao mercado alemán na feira sectorial con maior repercusión a nivel mundial.

Fará fincapé naqueles productos de especial interese para o mercado alemán como o Camiño de Santiago e o resto de experiencias turísticas que ofrece Galicia cos seus correspondentes paquetes de comercialización: Paseando entre Viñedos, Mananciais de Galicia, Turismo Mariñeiro, Santuarios Máxicos, Faros e Praias Salvaxes, Ruta da Camelia, Bosques de Galicia, Patrimonio Oculto e Lugares Únicos.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, manterá durante os días do certame diferentes reunións e encontros con diversos turoperadores e axentes de viaxes co obxectivo de establecer novos contactos comerciais, tanto con aqueles turoperadores que xa traballan o destino Galicia coma con aqueles que teñen previsto incluír a nosa comunidade entre a súa oferta.




O turismo galego promociónase na feira ITB de Berlín