Jennifer López conta que un director pediulle que lle ensinase os peitos

"Estaba aterrada. Pensaba '¿Que fago? ¡Este home estame dando traballo!'", lembra a artista

Jennifer López. EFE
photo_camera Jennifer López. EFE

Jennifer López asegura que nunha ocasión un director de cinema pediulle que lle ensinase os peitos, e que ela, a pesar de sentirse "aterrada", negouse.

"Non fun acosada da mesma forma na que algunhas mulleres o foron. Pero ¿un director díxome algunha vez que me quitase a camiseta e lle ensinase os peitos? Si, pasoume. ¿E fíxeno? Non", di Jennifer López nunha entrevista á revista Harper' s Baazar.

"Cando lle contestei, estaba aterrada. Recordo que o corazón saíaseme do peito, e eu pensaba 'Que fago? Este home está a darme traballo!'", lembra. López recoñece que non soubo como reaccionar, xa que era unha das súas primeiras películas, pero afirma que en todo momento soubo que ese comportamento "non era adecuado".

"Podería facer unha cousa ou outra, pero creo que á fin e ao cabo a moza do Bronx que levo dentro dixo 'non, non vou facer iso'", apunta.

López foi unha firme defensora dos movementos #MeToo e Time' s Up e en xaneiro apoiou ás súas compañeiras dos Globos de Ouro desde Porto Rico, vestindo de negro e deixando claro que as mulleres querían dunha vez por todas "ser tratadas igual" e non ter que enfrontarse máis ao acoso sexual. 

Comentarios