A xuíza de Collado Villalba (Madrid) Alejandra Fontana acordou o secuestro cautelar dese libro, no que Carretero profunda na historia do narcotráfico galego, a petición do exalcalde do Grove, José Alfredo Bea Gondar, quen demandou en xaneiro ao autor e aos editorial Libros do KO por suposta vulneración do seu dereito á honra.
"Creo desproporcionado secuestrar Fariña por plasmar uns feitos probados xudicialmente en tres liñas do libro. En calquera caso, quen demanda está no seu dereito e é unha medida cautelar, así que oxalá se resolva pronto. Mil grazas polo contundente apoio. De verdade", escribiu o xornalista na rede social Twitter.
Creo desproporcionado secuestrar Fariña por plasmar unos hechos probados judicialmente en 3 líneas del libro. En cualquier caso, quien demanda está en su derecho y es una medida cautelar, así que ojalá se resuelva pronto. Mil gracias por el contundente apoyo. De verdad.
— Nacho Carretero (@NachoCarretero) 21 febreiro 2018
Tras coñecerse o fallo xudicial que ditamina o secuestro do libro -que se publicou en 2015-, Fariña colocouse como o título máis vendido en Amazon e distintos libreiros contaron en Twitter que se esgotou nos seus establecementos.
O secuestro está condicionado a que o demandante deposite unha caución de 10.000 euros para responder dos posibles danos e prexuízos que a medida cautelar supoña para o patrimonio dos demandados, polo que o libro segue á venda.