Luis Tosar rodará unha película sobre narcotráfico en Galicia

Vaca Films e Atresmedia producen Quien a hierro mata, que estará dirixida por Paco Plaza e terá a Cambados entre os seus escenarios

El actor Luis Tosar. AEP
photo_camera El actor Luis Tosar. AEP

O lucense Luís Tosar protagonizará Quien a hierro mata, unha película producida por Vaca Films e Atresmedia que narra unha historia de traizóns, drogas, dramas familiares e violencia ambientada en Galicia.

En pleno auxe das producións sobre o narcotráfico (Fariña, Narcos...), o actor de Xustás abordará un tema que non lle é descoñecido, pois xa interpretou a un traficante colombiano en Miami Vice. Tamén estivo alén da raia, cando deu vida en El Niño a Jesús, un axente que loitaba en Xibraltar contra os reis da coca.

Quien a hierro mata estará dirixida por Paco Plaza (Verónica) e ten guión do cambadés Juan Galiñanes e de Jorge Guerricaechevarría. De feito, a capital do Albariño será un dos escenarios do filme, que empezará a rodarse alí o 6 de abril. Tamén se gravará na Coruña, segundo informa La Opinión, e a produtora galega Vaca Films (El descoñecido) aínda debe concretar outras localizacións.

Comentarios