O Supremo confirma tres anos de cárcere para o rapeiro Valtonyc por inxurias á Coroa

A Sala rexeita os argumentos do acusado, que aludiu á liberdade de expresión e á creación artística

José Miguel Arenas Beltrán, Valtonyc
photo_camera José Miguel Arenas Beltrán, Valtonyc

A Sala II do Tribunal Supremo confirmou a condena de tres anos e medio de cárcere que a Audiencia Nacional impuxo a José Miguel Areas Beltrán, Valtonyc, por delitos de enaltecemento do terrorismo, calumnias e inxurias graves á Coroa, e ameazas non condicionais nas súas cancións.

Segundo informou o alto tribunal, a Sala rexeita os argumentos do acusado, que aludiu á liberdade de expresión e á creación artística, e subliñou que a linguaxe do rap é extremo, provocador, alegórico e simbólico.

Consideran os maxistrados que as cancións que escribiu e que publicou en internet inclúen expresións en apoio e encomio ás organizacións terroristas Grapo, Eta, e a algúns dos seus membros, así como contra o titular da Coroa e os seus familiares, e contra o presidente do Circulo Balear, Jorge Campos, contra quen se dirixiron as ameazas.

O Supremo entende que basta con ler os feitos declarados probados na sentenza —de febreiro de 2017— "para comprender a gravidade das expresións contidas e o seu correcto encaixe nos tipos penais de referencia".

Afirma que a sentenza recorrida non "reelabora" nin "saca de contexto" as letras, que non son inocuas por si mesmas, senón que as agrupa, na fundamentación xurídica, para incluílas nos tipos penais atribuídos ao acusado.

Para os maxistrados a Audiencia Nacional tívose en conta que "a pluralidade de mensaxes contidas nas cancións publicados en internet e con acceso aberto polo acusado teñen un indubidable carácter laudatorio das organizacións terroristas Grapo e Eta e dos seus membros".

Esa actitude "vai máis aló da expresión de coincidencia con obxectivos políticos, solidariedade cos presos ou camaradería nada de vínculos ideolóxicos" e "comporta un encomio, non xa dos obxectivos políticos senón dos medios violentos empregados polas citadas organizacións terroristas e polos seus membros e conteñen unha incitación á súa reiteración", sostén a sentenza.

"Os referidos contidos non quedan amparados pola liberdade de expresión ou difusión de opinións invocada polo acusado e o seu defensa", recalca. 

Comentarios