Miércoles. 21.02.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.02.2018
El tiempo

Achan o cadáver dun indixente nun edificio abandonado da Coruña

Edificio abandonado no que se atopou o cadáver do home. TVG
Edificio abandonado no que se atopou o cadáver do home. TVG

Segundo aseguran os veciños, varias persoas durmen habitualmente no inmoble

A Policía Local da Coruña atopou o corpo sen vida dun indixente nun edificio abandonado da Coruña. O home podería levar varios días morto.

Segundo explicaron varios veciños da zona á TVG, é frecuente atopar persoas durmindo no interior do edificio a pesar de que está pechado cun valo de madeira. 

Os veciños levan anos denunciando o estado de abandono do inmoble. Teñen medo de que estas persoas accedan aos seus domicilios desde este edificio.

Achan o cadáver dun indixente nun edificio abandonado da Coruña