Domingo. 25.02.2018 |
El tiempo
Domingo. 25.02.2018
El tiempo

Dous menores atropelados en sendos accidentes en Vigo e Narón

Ambas as vítimas teñen seis anos e foron trasladadas de gravidade aos respectivos centros hospitalarios de referencia

Dous nenos resultaron feridos tras ser atropelados na tarde deste luns en Narón e Vigo, e en ambos os casos tiveron que recibir asistencia médica urxente, informaron fontes do 112 Galicia.

O primeiro atropelo tivo lugar pouco despois das 14.00 horas na estrada de Castela, en Narón, ata onde se desprazou un equipo de Urxencias Sanitarias para atender a un neno dun seis anos de idade, que foi alcanzado por un vehículo.

Ao redor das 16.30 horas produciuse o segundo atropelo, neste caso unha nena da mesma idade, aproximadamente, na avenida de Madrid, preto do antigo cárcere.

O centro de atención ás emerxencias de Galicia pediu a colaboración da Policía Local e de Urxencias Médicas.

Dous menores atropelados en sendos accidentes en Vigo e Narón