Falece un operario en Lalín ao caerlle enriba unha árbore

Os efectivos sanitarios que se desprazaron ata o lugar dos feitos, en Cancelas, parroquia de Cangas, só puideron certificar a morte do home

Lugar del accidente en Lalín. BLANCA PAZ
photo_camera Lugar del accidente en Lalín. BLANCA PAZ

Un traballador faleceu este venres pola tarde en Lalín ao caerlle encima unha árbore no lugar de Cancelas, na parroquia de Cangas, segundo informaron fontes do 112 Galicia. Trátase de José Luis Vázquez Gil., veciño de Toiriz (Vila de Cruces), de 57 anos.

Un particular deu a alerta sobre as 16.30 horas e indicou que un home estaba inconsciente despois de que caese encima unha árbore.

Os efectivos sanitarios que se desprazaron ata o lugar só puideron certificar a morte deste operario.

Ademais do 061, o centro de atención ás urxencias de Galicia mobilizou ao grupo de urxencias supramunicipal e á Policía Local de Lalín, aos Bombeiros do Deza e á Garda Civil.