A Gardia Civil auxilia unha octoxenaria en Ortigueira con síntomas de inanición 

Un veciño alertou os axentes tras un tempo sen ver a muller

 

A Garda Civil do Posto de Ortigueira auxiliou no seu propio domicilio a unha anciá que se atopaba con claros síntomas de inanición e debilidade. 

Os feitos sucederon despois de que un veciño se presentase en dependencias policiais para denunciar que levaba tempo sen ver a M.T.P., nacida en 1930. 

Iso, segundo lles explicou, fíxolle sospeitar que se podería atopar no interior da súa casa e necesitar algún tipo de asistencia. 

Por iso, a Garda Civil solicitou permiso ao Xulgado número uno de Ortigueira para acceder á vivenda, xa que non se coñecían familiares ou outra persoa relacionada coa anciá. 

Cando os axentes chegaron, tiveron que acceder saltando un muro de máis de dous metros dunha parcela lindeira e, posteriormente, forzar unha porta para poder entrar. 

Finalmente, atoparon a muller tombada nunha cama e reaccionando unicamente con xestos inconexos. A anciá foi, seguidamente, evacuada ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.