A choiva non dá tregua

Este xoves Galicia continuará na influencia das borrascas con ventos de compoñente oeste. Así, espérase ceo cuberto con choivas persistentes pola mañá, xa con chuvascos intermitentes pola tarde, localmente tormentosos. 

Pola súa banda, a cota de nove situarase ao redor dos 1.000-1.200 metros após o que baixará aos 800 metros na madrugada deste venres na Comunidade galega. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará moderado de compoñente oeste, con intervalos fortes nas primeiras horas no litoral. 

Mentres, as temperaturas experimentarán un descenso. Deste xeito, as máximas subirán até os 14 graos en Ourense, mentres que os valores mínimos descenderán até o cinco graos en Lugo. 
 

Comentarios