O humorista coruñés Cañita Brava volve sorprender para dar un tirón de orellas á directiva e xogadores do equipo das súas paixóns, o Deportivo da Coruña.
Cañita, visiblemente molesto, fixo gala da súa peculiar desenvoltura ao ser preguntado a pé de rúa sobre a grave situación do club coruñés, actualmente en postos de descenso, tras perder por 5-0 en Anoeta o pasado venres.
"Tino (Fernández) enganounos botando a Fernando Vázquez por unha polémica", arrinca a estrela de El Semáforo ante a cámara do móbil dun afeccionado, que gravou as declaracións difundidas pola conta de Twitter @DeporCoruna. "...e agora o Deportivo está case en Segunda división cun pé, por non pór o segundo pé", advertía.
Por iso, Cañita recomenda ao presidente deportivista "meter unha multa aos xogadores, se non, o responsable é el dos males do Deportivo", sentenciaba.
O exfutbolista holandés Clarence Seedorf chegou este luns á Coruña, tras a distitución de Cristóbal Parralo, para facerse cargo do banco branquiazul e tratar de salvar a situación que atravesa o equipo.
— Deportivo La Coruña (@DeporCoruna) 05 febreiro 2018