A empresa de recursos humanos Randstad prevé que a campaña de Semana Santa xere 10.390 contratos en Galicia, o que supón un 9,9% máis que o volume rexistrado en 2017, que se situou en 9.450 contratos.
"Trátase da cifra máis elevada da historia" na comunidade, segundo destaca a compañía, que indica que no últimos cinco anos, desde 2013, o crecemento sitúase no 78,3%, con máis de 4.500 contratos máis.
Este incremento vén impulsado, principalmente, segundo explica, "polos bos datos rexistrados nas provincias de Pontevedra (11,5%) e A Coruña (9,9%), seguidas de Lugo (7,3%) e Ourense (5,2%). Estes datos sitúan a Galicia por encima da media estatal. Así, no conxunto do estado, a Semana Santa tamén se sitúa a priori para Randstad como "a mellor da historia", cun volume de 182.700 contratos, un 9,7% máis que en 2017.
Segundo Luís Pérez, director de relacións institucionais de Randstad, "a contratación temporal é a máis utilizada nesta época do ano, xa que serve para que as empresas reforcen os seus cadros ante o incremento de volume dos seus negocios neste período".