Rajoy confía en que Escolano manterá a sintonía con Europa de De Guindos

O presidente do Goberno augura un gran futuro para o exministro como vicepresidente do BCE

Mariano Rajoy.KAI FÖRSTE (Efe)
photo_camera Mariano Rajoy.KAI FÖRSTE (Efe)

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, expresou este xoves o seu convencemento de que o novo ministro de Economía, Román Escolano, terá a mesma interlocución coas institucións europeas que soubo ter Luis de Guindos.

Rajoy referiuse por vez primeira publicamente ao nomeamento de Escolano na súa intervención nunhas xornadas do Partido Popular Europeo celebradas en Valencia.

Nela deu as grazas aos representantes desta forza política por apoiar a candidatura de De Guindos á vicepresidencia do Banco Central Europeo.

Un respaldo que dixo que é un recoñecemento á súa competencia, pero tamén ás políticas postas en marcha polo Goberno español e que subliñou que fixeron posible a recuperación económica.

"O Goberno de España perde un gran ministro, pero Europa gaña un gran español, e estou absolutamente convencido de que a persoa que lle vai a substituír (Escolano) terá a mesma interlocución con todos vostedes que soubo ter Luis de Guindos nas institucións europeas", recalcou. 

Comentarios