ganador2011

Con motivo do undécimo aniversario da concesión do título de Patrimonio da Humanidade a favor do monumento, a Xunta de Galicia, o Excmo. Concello de Lugo, a Vicepresidencia Primeira da Excma. Deputación Provincial de Lugo, a Universidade de Santiago de Compostela, Telelugo e El Progreso, convocan a:

XII Edición dos Premios Muralla de Lugo de Debuxo e Redacción Infantís

BASES

Idade

A idade máxima para participar é de 12 anos.

Características dos traballos

Debuxo: A lapis, bolígrafo, pluma, cera, rotulador ou similares. O formato non pode ser superior a 30x30 cm.

Redacción: No debe superar os 3 folios (A4) escritos a man por unha soa cara. Pode ser escrito en castelán o galego.

A temática

A temática tanto do debuxo como da redacción debe referirse á Muralla romana de Lugo, a paz, a solidariedade e o respecto ao medio ambiente ou todos aqueles valores que contribúan manifestamente á concordia, á convivencia e o entendemento entre os pobos do mundo, sendo referencia obrigatoria a Muralla Romana de Lugo.

O autor poderá presentar un máximo de 2 traballos por modalidade (debuxo e redacción)

Deberá remitilos nun sobre cos seus datos persoais incluído o teléfono de contacto ao diario El Progreso (Rúa Puro Cora 3, 27002 Lugo).

O prazo de presentación finalizará o 31 de marzo de 2012 e o xurado, formado por un representante de cada un dos convocantes, dará a coñecer o seu resultado nas páxinas de El Progreso.

O xurado non devolverá ningún dos traballos e estes poderán formar parte de suplementos, especiais, exposicións, etc. En todos os casos citarase aos autores dos traballos.

A presentación ao concurso supón a aceptación de tódalas bases correspondendo ao xurado calquera interpretación das mesmas, así como decidir sobre calquera eventualidade non prevista na convocatoria. Esta decisión será inapelable.

PREMIOS

Redacción

500 euros e unha viaxe cultural a París para 3 personas.

Debuxo

500 euros e unha viaxe cultural a París para 3 personas.

Grupo de traballos

2 premios de cadanseus equipos informáticos, un en cada categoría, para as aulas informáticas dos centros que presenten o mellor grupo de traballos, valorándose tanto a cantidade como a calidade do conxunto.

Mestres-titores

Establécense tamén 2 premios de cadansúas cámaras dixitais, un en cada categoría, para os mestres-titores de cada gañador.

Finalistas

O xurado elixirá ademais dos gañadores 5 premios finalistas en cada unha das categorías (redacción e debuxo)

Diploma

Nominativo a tódolos participantes que lles nomea 'Defensor da Muralla'



Patrocinadores