A Cámara dos Comúns deu luz verde este mércores a unha lei para obrigar ao Goberno británico a pedir unha prórroga á saída da Unión Europea (UE) se non chegou a un acordo con Bruxelas o 19 de outubro.
Os deputados apoiaron por 327 votos a favor e 299 en contra unha lexislación que pasará agora á Cámara dos Lores, antes de recibir previsiblemente o asentimiento da xefa de Estado, a raíña Isabel II, nos próximos días.
O primeiro ministro británico, o conservador Boris Johnson, propuxo este mércores ante o Parlamento celebrar unhas eleccións xerais anticipadas o próximo 15 de outubro.
Johnson necesita o respaldo de dous terzos dos deputados para sacar adiante a iniciativa.