Rajoy celebra unha comida con dirixentes do PP, entre eles Pastor, Hernando e Maillo

Ao encontro tamén se sumou o número dous de Casado

Mariano Rajoy. EFE
photo_camera Mariano Rajoy. EFE

O expresidente do Goberno Mariano Rajoy xantou este xoves cun grupo de dirixentes do Partido Popular, entre os que figuraba Ana Pastor, Rafael Hernando e Fernando Martínez-Maillo, segundo informaron fontes coñecedoras deste encontro. 

O secretario xeral do PP, o murciano Teodoro García-Egea, sumouse á hora do café a esta reunión discreta e distendida que se celebrou no reservado dun céntrico restaurante próximo ao parque do Retiro. 

Aínda que Rajoy garda silencio publicamente desde que deixou o Palacio da Moncloa, seguiu de cerca todo o proceso de primarias do partido no que o seu entón vicesecretario de Comunicación, Pablo Casado, se impuxo á exvicepresidenta do Goberno Soraya Sáenz de Santamaría, segundo fontes da formación. 

Ademais, Rajoy está ao tanto de toda a actualidade política e mantén contactos frecuentes con amigos, parlamentarios e cargos dos seus Gobernos. Con Casado viuse en Galicia a finais o verán, antes do mitin de apertura do curso político que mantivo en Cotobade co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

TRASLADO DE RAJOY A MADRID. O pasado mes de xuño, tras a moción de censura que gañou o socialista Pedro Sánchez para botar ao PP da Moncloa, Rajoy reincorporouse á súa praza de rexistrador da propiedade na localidade alacantina de Santa Pola. 

Precisamente, o pasado venres o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o traslado de Rajoy de Santa Pola ao rexistro de mercantil número cinco de Madrid. 

Comentarios