Ciudadanos continúa facendo campaña nas rúas da Coruña sen candidatos

A cabeza de lista de Ciudadanos para o Congreso di que as ideas para Galicia chegarán a partir do 20-D

Varios militantes e simpatizantes de Ciudadanos continuaron este mércores o labor de divulgación do seu programa electoral nas rúas da Coruña sen a presenza de ningún candidato ao Congreso ou ao Senado.

A formación laranxa anunciara o luns que a cabeza de lista pola provincia da Coruña ao Senado por Cidadáns, Jorge Quindimil, estaría este martes na praza de María Pita nun acto informativo, pero finalmente non acudiu.

Outros integrantes do partido participaron na praza cunha mesa informativa, repartiron propaganda electoral e falaron con algúns coruñeses para explicarlles as súas formulacións cara ás eleccións xerais do 20 de decembro.

Trátase de propostas a nivel estatal, pois a súa cabeza de lista para o Congreso, Antonio Rodríguez, aclarou o pasado fin de semana que as ideas para Galicia chegarán a partir do 20-D.

Ciudadanos concorre por primeiras vez aos xenerais na provincia da Coruña logo da súa aterraxe o pasado mes de maio, cando se presentou ás municipais nas que obtivo apenas once concelleiros e un 2,88 por cento dos votos.

Comentarios