Detido na Coruña por roubar ferramentas de mantemento dun parque

O roubo foi denunciado o pasado 9 de decembro de 2015. Trátase dun veciño da cidade de 21 anos con antecedentes policiais

A Policía Nacional detivo un home de 21 anos pola súa presunta participación nun delito de roubo con forza nunha caseta situada nun parque na que había ferramentas de mantemento.


O pasado 9 de decembro de 2015 descubriuse o roubo cando o encargado do mantemento se dispuña a entrar na caseta situada no medio do parque, que se usa como almacén e vestiario, e decatouse de que unha das fiestras da mesma estaba forzada e aberta.

Ao revisar o interior, comprobou que lles faltaban diversas ferramentas, entre elas, unha rozadora, unha amoladora, un cortasetos e outros pequenos obxectos, polo que denunciou o ocorrido e empezou a investigación policial.

Os axentes comprobaron que tamén roubaran no quiosco situado á beira da caseta, que tiña forzada a persiana de aluminio que cobre unha das fiestras do mostrador, o que denunciou o seu propietario ese mesmo día.

Tras a investigación, os axentes procederon á detención de home de 21 anos e natural da Coruña, que xa contaba con detencións anteriores por feitos semellantes, o pasado 27 de maio. 

Comentarios