Ferida unha nena ao saírse da vía o coche no que viaxaba en Cambre

Un home foi trasladado ao hospital tras un choque entre dous camións na Baña

Unha nena de dous anos resultou ferida este venres en Cambre nun accidente de tráfico. O vehículo no que ía saíuse da vía. Os feitos tiveron lugar no Graxal, na parroquia do Temple. 

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 9.45 horas deste venres para dar conta do sinistro. Desde a central de urxencias do 112 informouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Arteixo. Tamén se informou a Protección Civil e á Policía Local. 

COLISIÓN ENTRE CAMIÓNS. Por outra banda, na Baña, un home resultou ferido nunha colisión entre dous camións. O accidente rexistrouse na estrada que une Negreira con Ceilán, á altura da parroquia de Lañas. o camioneiro ferido foi evacuado polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario. 

Unha persoa particular púxose en contacto co 112 Galicia ás 9.30 horas deste venres para dar a voz de alarma. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias alertou aos Bombeiros de Santa Comba, a Urxencias Médicas e á Garda Civil de Tráfico. 

Segundo lle indicou ao 112, os camións quedaron no medio da calzada tras o accidente, o que condicionou a circulación na zona durante esta mañá.

Comentarios