Ferido un operario coruñés atrapado baixo un autovolquete cargado de pedras

Estaba a traballar nunha obra na parroquia de Elviña

Un operario resultou este mércores ferido na Coruña ao quedar atrapado baixo un autovolquete cargado de pedras mentres traballaba nunha obra, informa Urxencias 112. O accidente ocorreu ás 17.50 horas na rúa Fragas do Eume, na parroquia de Elviña.

Os bombeiros da cidade interviñeron na zona para rescatar ao operario que, por causas que se están investigando, perdeu o control da máquina que manexaba e envorcou.

O 112 avisou así mesmo a Urxencias Médicas e á Policía Local e Nacional.

Comentarios