A Once deixa dous premios en Vilasantar e Ribeira esta fin de semana

Un "soldazo" e un premio de 100.000 euros foron a parar aos municipios coruñeses

O cupón da Once deixou un "soldazo" de 2.000 euros ao mes durante 10 anos no municipio de Vilasantar, na provincia da Coruña, no sorteo deste sábado. O afortunado, segundo informa a ONCE, comprou o cupón premiado nunha gasolineira Repsol situada no municipio, en concreto no quilómetro 38 da estrada N-540.  

O "soldazo da fin semana" da Once ofrece, todos os sábados e domingos, un premio principal ás cinco cifras e serie de 300.000 euros, máis 5.000 euros ao mes durante 20 anos consecutivos a un só cupón do número e serie premiados na primeira extracción. 

Tamén na provincia, en Ribeira, quedou este venres o cuponazo cun premio de segunda categoría, ao que corresponden 100.000 euros. O axente vendedor da Once Jaime Bouzas López foi quen vendeu o cupón premiado na zona de Palmeira e o polígono industrial da vila, onde traballa.

Comentarios