Tres detidos na Coruña por roubar cobre en Arteixo

A Garda Civil detivo tres veciños da Coruña por ter cometido, presuntamente, cinco delitos de roubo de cobre no termo municipal de Arteixo.

Axentes do Instituto Armado de Culleredo detiveron o pasado xoves a tres coruñeses por subtraer, supostamente, cobre en cinco ocasións e tamén se lle imputa a un dos detidos un delito de desobediencia a axentes da autoridade.

Os roubos ocorreron nos últimos meses en distintas zonas de Arteixo e as detencións producíronse cando os gardas sorprenderon aos agora detidos queimando 120 quilogramos de cobre.

Os tres pasarán nas próximas horas a disposición do Xulgado Número sete da Coruña, segundo apuntan desde a Garda Civil a través dun comunicado.

Comentarios