O 'Cristo Crucificado' de Tiziano no Escorial resulta danado ao vir abaixo

O lenzo ten unha fenda que vai de lado a lado na zona da paisaxe

El cuadro dañado.EP
photo_camera O cadro danado.EP

O Cristo Crucificado, de Tiziano, que se atopa no Mosteiro del Escorial (Madrid) foi retirado para "o seu inmediato tratamento e restauración" polos danos que sufriu este xoves, tras un desprendemento da pintura.

Segundo informa Patrimonio Nacional, esta mañá detectouse o desprendemento da pintura Cristo Crucificado, un óleo sobre lenzo 242 x 137 centímetros, que provocou "un racho horizontal considerable do soporte de tea", que afectou á zona inferior do cadro".

A valoración e diagnostico dos servizos técnicos de Patrimonio Nacional concluíron "como probable" causa do incidente "a degradación material do revestimento do xeso do muro ao que estaba ancorada a pintura, ao comprobarse un desprendemento dun fragmento do propio xeso onde se sustentaba a ancoraxe".

A obra non sufriu perdas na capa pictórica, segundo as mesmas fontes, que explican que se procedeu á súa retirada, protección e embalaxe para o inmediato tratamento e restauración nos talleres dos servizos centrais de Patrimonio Nacional e posterior colocación no Real Mosteiro de san Lorenzo del Escorial".

Comentarios