Guerra aberta entre Xabier Fortes e a súa compañeira de TVE Carmen Sastre

O xornalista pontevedrés decidiu bloquear en Twitter á exdirectora de contidos informativos da cadea ao sentirse "acosado"

Xabier Fortes tras recibir el Ondas al mejor presentador. DP
photo_camera Xabier Fortes. DP

O presentador de Los desayunos de TVE, o pontevedrés Xabier Fortes, tomou medidas para resolver o enfrontamento que mantén desde hai meses coa súa compañeira na cadea pública Carmen Sastre.

Segundo explicou Fortes en Twitter, decidiu bloquear a Sastre na rede social para pór "fin ao seu acoso diario" contra el. A xornalista, exdirectora de contidos informativos de TVE, mostrouse moi crítica nas redes sociais co labor do galego á fronte de Los desayunos.

Pero a pinga que colmou a paciencia do presentador foi que a súa compañeira insinuase "de forma infamante" que estaba detrás dunha conta trol que suplanta a identidade da exdirectiva de TVE.

"Nin o primeiro día do ano cesa no seu acoso diario Carmen Sastre. Suxire de forma infamante que estou detrás dunha conta trol e por iso, tras o seu aviso, decido seguila para ver en que consiste. A continuación acúsame de seguila. Que obsesión enfermiza ten comigo, que pena", explicou Fortes. 

 

Unha resposta que non convenceu a Sastre, que contraatacou asegurando que as cousas non eran como dicía o pontevedrés. "Vexo unha conta falsa coa miña imaxe e denúnciao nun tuit e a Twitter. A continuación un dos meus seguidores alértame publicamente de que Fortes séguea e é entón cando o comprobo e dígoo", engadiu.

Tras o intercambio de mensaxes, Fortes decidiu silenciar a conta da súa compañeira, que tamén o acusa de ir a outras televisións a "falar mal" de TVE e dos seus compañeiros.

 

Comentarios