O que arde, de Oliver Laxe, loitará polo Goya á mellor película na 34 edición dos premios que se celebrará o próximo 25 de xaneiro en Málaga. A cinta rodada en Os Ancares optará ademais a outras tres figuras: a mellor dirección para o propio Laxe, a dirección de fotografía para Mauro Herce e a actriz revelación para Benedicta Sánchez, de 84 anos e natural do Corgo.
Outro lucense, Luís Tosar, competirá polo galardón a mellor actor por Quien a hierro mata, película da produtora galega Vaca Films, que conta con outros dous nomeamentos: actor revelación (Enric Auquer) e mellor son.
Ademais, o actor vigués Santi Prego competirá a mellor actor revelación polo seu papel de Francisco Franco en Mientras dure la guerra. E o tamén lucense David Fidalgo Omil está nominado a mellor curtametraxe de animación por Homomaquia, unha denuncia ao maltrato animal.
Mentres dure a guerra de Alejandro Amenábar lidera os nomeamentos, cun total de 17; písanlle os talóns Dor e gloria de Pedro Almodóvar, con 16 nomeamentos, e A trincheira infinita de Jose Mari Goenaga, Jon Garaño e Aitor Arregi, con 15.
Xunto a estas tres películas con máis nomeamentos e O que arde, de Laxe, Intemperie, de Benito Zambrano, loitará tamén por facerse polo premio á mellor película.
Os intérpretes Elena
► Vexa aquí todos os nomeamentos
No certame, O que arde fíxose co Premio do Xurado da Sección Oficial Un Certain Regard e o Premio á Mellor Creación Sonora da sección.
Ademais, o seu filme converteuse na película en galego máis vista de sempre, tras superar a Sempre Xonxa.