A xornada do sábado do Rali Botafumeiro está a ser máis accidentada do esperado. Jesús Soliño e o seu copiloto Pablo Miranda sufriron unha espectacular saída de vía da que afortunadamente saíron ilesos.
Con todo este non foi o único accidente rexistrado esta mañá. José Manuel Pazos, que xa sufrira un contratempo o venres no estadio de San Lázaro, saíuse da vía no tramo de Sarandón. O piloto de Cuntis non resultou ferido.
Nueva salida de pista de José Manuel Pazos en el tramo de Sarandón. Sin duda no está siendo un rallye para el recuerdo del piloto de Cuntis. pic.twitter.com/21QaKgSgMp
— Pé Á Chapa Racing (@PeAChapaRacing) 25 de agosto de 2018