Os afeccionados do Deportivo desconvocaron a concentración que tiñan previsto realizar este venres antes do partido co Fuenlabrada.
Polo ben do @RCDeportivo , pola loita que temos todos unidos para inhabilitar a @Tebasjavier e porque é o que buscan tanto o clan Tebas como o @CFuenlabradaSAD desconvocamos a concentración en Riazor. “Arrieros somos y en el camino nos encontraremos @CFuenlabradaSAD ”. pic.twitter.com/2RBch2WH3Q
— Riazor Blues (@RB1987Oficial) August 6, 2020
A principios de semana, unha vez que o Comité de Competición anunciou para o mércores o encontro cos madrileños —que logo foi aprazado—, seguidores do equipo branquiazul citáronse para antes do partido en Riazor.
Finalmente, tras un chamamento do club á tranquilidade para que o partido, que será a porta pechada, se puidese disputar con normalidade, os ultras desconvocaron a concentración.
O último en apelar á calma foi o técnico do Deportivo, Fernando Vázquez, na rolda de prensa deste xoves. "Que fagan o que crean conveniente, pero que sexan coidadosos cos intereses propios, os do Deportivo. Que o seu comportamento a nivel xeral sexa impecable. Que ninguén nos poida dicir que o partido se suspende por razóns de seguridade. Pido responsabilidade", dixo o técnico.
O encontro foi declarado de alto risco e reforzouse a seguridade.