O Consello de Administración e a dirección deportiva do Deportivo da Coruña reuníronse na tarde deste domingo para tomar a decisión de destituír a Natxo González como adestrador do primeiro equipo.
O club así o anunciou nunha nota publicada a súa páxina web. No comunicado, a entidade coruñesa agradece ao técnico "a súa profesionalidade, traballo, dedicación e actitude exemplar nesta etapa á fronte do equipo, desexándolle a maior das sortes no seu futuro profesional e persoal".
A destitución chega logo de perder ante o Raio Majadahonda por 0-2 e encadear unha mala serie na liga.
Aínda con todo, Natxo González dirixiu este domingo o adestramento do equipo coruñés .