O lateral David Simón comprométese co Deportivo ata 2020

O xogador chega procedente da UD As

Fichaje de David Simón. TWITTER
photo_camera Fichaxe de David Simón. TWITTER

O lateral dereito David Simón, exxogador do UD As Palmas, comprometeuse co RC Deportivo ata o ano 2020. O club coruñés anunciou este venres a contratación do defensa, que superou o recoñecemento médico ao que foi sometido no policlínico HMMatogrande.

Posteriormente, o xogador asinou un contrato de dúas tempadas co Deportivo e este sábado incorporarase aos adestramentos na Cidade Deportiva de Abegondo.

David Simón, de 29 anos, desvinculouse esta semana do UD As Palmas, club co que disputou as tres últimas tempadas en Primeira División.

Ao conxunto canario axudoulle a ascender á máxima categoría do fútbol nacional en 2015 e o curso pasado sufriu, como o Deportivo, o descenso a Segunda.

Fabián Schär despídese da afección branquiazul

O internacional suízo Fabian Schär despediuse do Deportivo e os seus afeccionados cunha carta que publicou en galego nas redes sociais na que explica que a partir de agora vai saber “o que significa realmente a palabra morriña”.
 

 

Moitas grazas!! #depor

Una publicación compartida de Fabian Schär (@fabianschaer_official) el


 

Comentarios